martes, 25 de abril de 2017

VIAXE CULTURAL, Terras de Allariz

A Cepa organiza para o día 30 de ABRIL unha viaxe cultural para coñecer as terras de Allariz.

A saída será ás 8 h da Estación Autobuses de Cangas, e visitaremos:

  •  Conxunto de Augas Santas
  •  Bosque do Rexo pintado por Ibarrola
  •  Museo de Arte Sacro no Convento das Clarisas
  •  Paseo polo casco histórico de Allariz
  •  Visita aos museos do Parque Etnográfico

O xantar será no Restaurante Alarico sobre ás 14:00h e consistirá en: Táboa de embutidos, ensalada Alarico, revolto de champiñóns, carne asada con patacas, sobremesa, café, auga e viño.

O prezo é de 32€ (autobús e xantar) e para reservar deberedes poñervos en contacto con Ánxela: 687058736

Depósito de reserva de praza: 15€



luns, 17 de abril de 2017

AULA DE TEATRO PARA NENOS!

O vindeiro luns 24 de abril ás 18:30h terá lugar unha clase aberta e GRATUÍTA para nenos e nenas de 6 a 9 anos e de 10 a 12.

Animádevos!!!