xoves, 15 de setembro de 2016

OS PRIMEIROS ANOS DA CEPA

OS PRIMEIROS ANOS DA CEPA


A iniciativa  de crear unha asociación cultural partiu do profesorado do  Centro de Educación Permanente de Adultos (C.E.P.A.) , unha escola de persoas adultas que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia tiña creado en Cangas no curso 1988/1989.

O amencer das ideas. Documental. XX Anos coa cultura de Cangas "A Cepa" from Fotografos Boda BrunSantervás on Vimeo.
O amencer das ideas é unha reportaxe documental de media hora de duración, que fala dun momento particular na cultura do pobo de Cangas. Un feito ocasional e inocente que consegue non so unir persoas en prol dunha formación común, senón tamén por en valor o respeto polo pasado grazas a recuperación de imaxes e as historias esquezidas que atopamos nelas, valor engadido que fainas cobrar vida con maior interese se cabe. Un percorrido que de seguro queda escaso ao comparar o basto traballo feito e que é comentado por algúns dos seus actores principais.

Naquela escola asistían alumnos maiores para obter o Título de Graduado Escolar, para estudar novas materias e para actualizar os seus coñecementos.

Había persoas que tiñan moito interese en seguir formándose e completar a súa formación polo que empezamos a ampliar a oferta con Talleres de ensino non regrado: cultura galega, informática, inglés, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ...

Ademais novos talleres (cestería, mecanografía, pintura, palillos, vídeo, fotografía, madeira) foron demandados polas persoas que asistían á Escola polo que decidimos, cun grupo do alumnado do curso 94/95, constituír unha asociación cultural, apoiada dende a Escola pero que empezase a organizar e a levar o peso destas actividades con certa autonomía.

Deste xeito organizouse unha xuntanza onde se escolleu unha Xunta Directiva que presentase no Goberno Civil de Pontevedra os Estatutos para a súa legalización e a convocatoria da Xunta Xeral  para formalizar a asociación (15 de xuño de 1995) que se decidiu levase o nome das iniciais da denominación oficial da escola C.E.P.A. Así naceu o se nome: Asociación cultural A Cepa.

Despois da incorporación da Escola de Adultos ao IES de Rodeira a asociación vaise independizando e realizando as actividades culturais que estaba programando e outras novas que foron xurdindo.


Na actualidade A Cepa organiza as súas actividades con total competencia e independencia. Os vellos lazos que formamos ambas realidades fixeron coincidir a moitas das persoas que xuntas iniciaron o camiño de mellora na formación cultural das persoas adultas. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario