xoves, 15 de setembro de 2016

OS PRIMEIROS ANOS DA CEPA

OS PRIMEIROS ANOS DA CEPA


A iniciativa  de crear unha asociación cultural partiu do profesorado do  Centro de Educación Permanente de Adultos (C.E.P.A.) , unha escola de persoas adultas que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia tiña creado en Cangas no curso 1988/1989.

O amencer das ideas. Documental. XX Anos coa cultura de Cangas "A Cepa" from Fotografos Boda BrunSantervás on Vimeo.
O amencer das ideas é unha reportaxe documental de media hora de duración, que fala dun momento particular na cultura do pobo de Cangas. Un feito ocasional e inocente que consegue non so unir persoas en prol dunha formación común, senón tamén por en valor o respeto polo pasado grazas a recuperación de imaxes e as historias esquezidas que atopamos nelas, valor engadido que fainas cobrar vida con maior interese se cabe. Un percorrido que de seguro queda escaso ao comparar o basto traballo feito e que é comentado por algúns dos seus actores principais.

Naquela escola asistían alumnos maiores para obter o Título de Graduado Escolar, para estudar novas materias e para actualizar os seus coñecementos.

Había persoas que tiñan moito interese en seguir formándose e completar a súa formación polo que empezamos a ampliar a oferta con Talleres de ensino non regrado: cultura galega, informática, inglés, cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega, ...

Ademais novos talleres (cestería, mecanografía, pintura, palillos, vídeo, fotografía, madeira) foron demandados polas persoas que asistían á Escola polo que decidimos, cun grupo do alumnado do curso 94/95, constituír unha asociación cultural, apoiada dende a Escola pero que empezase a organizar e a levar o peso destas actividades con certa autonomía.

Deste xeito organizouse unha xuntanza onde se escolleu unha Xunta Directiva que presentase no Goberno Civil de Pontevedra os Estatutos para a súa legalización e a convocatoria da Xunta Xeral  para formalizar a asociación (15 de xuño de 1995) que se decidiu levase o nome das iniciais da denominación oficial da escola C.E.P.A. Así naceu o se nome: Asociación cultural A Cepa.

Despois da incorporación da Escola de Adultos ao IES de Rodeira a asociación vaise independizando e realizando as actividades culturais que estaba programando e outras novas que foron xurdindo.


Na actualidade A Cepa organiza as súas actividades con total competencia e independencia. Os vellos lazos que formamos ambas realidades fixeron coincidir a moitas das persoas que xuntas iniciaron o camiño de mellora na formación cultural das persoas adultas. 

ESTATUTOS

CAPÍTULO I: DA ASOCIACIÓN EN XERAL 

Artigo 1º.- Constitúese en Cangas unha Asociación sen ánimo de lucro que se denominará “ASOCIACIÓN CULTURAL A CEPA”
A Asociación rexerase polos presentes Estatutos, pola lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociacións e pola demais lexislación existente en materia de Asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º.-Esta Asociación constitúese por tempo indefinido.
A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá, conforme a estes Estatutos, pola vontade dos asociados expresada en Asemblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
1.      A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico.
Artigo 3º.- Son fins principais da Asociación:
a)      Promocionar e apoiar a cultura.
b)      Sensibilizar sobre a necesidade de aumentar o nivel cultural das persoas adultas.
c)      Promover a relación e o intercambio de actividades entre asociacións do Morrazo.
d)     Desenvolver actividades de todo tipo encamiñadas a cubrir as necesidades das/dos socias/socios e do colectivo das persoas adultas, así como as dirixidas a achegar recursos para cumprir cos fins fundacionais.
e)      Revitalización, recuperación, difusión e potenciación de todos os aspectos da cultura galega e de todo o que constitúe o patrimonio cultural de Galicia.
Artigo 4º.- Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as seguintes actividades:
a)      Organización de talleres ocupacionais, promoverá cursiños, xornadas de lingua, xornadas da muller, exposicións, seminarios, conferencias e publicacións.
b)      Organizará todo tipo de actividades recreativas: viaxes culturais, visitas a museos, excursións, visitas a exposicións e actos análogos.
c)      Poderá organizar calquera tipo de actividade cultural ou recreativa, así como colaborar con outras asociacións e entidades no desenvolvemento de aqueles actos que teñan ese carácter, e participar nos mesmos.
d)     Elaboración e edición de materiais formativos, revistas, folletos e calquera outro tipo de publicación.
e)      Fomento das relacións de colaboración con institucións públicas, empresas privadas e organizacións non lucrativas que permitan un mellor cumprimento dos fins fundacionais.
f)       Calquera outra actividade que a xunta directiva considere axeitada para o cumprimento dos fins da asociación.
Artigo 5º. O domicilio principal e permanente da Asociación radicará na localidade de Cangas, rúa de Avenida de Bueu,  nº 12, entrechán,  C.P 36940. teléfono 986 305616
Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras vilas.
Artigo 6º.-  A Asociación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial do Concello de Cangas e na comarca do Morrazo que lle é propia dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.

CAPÍTULO II: DOS SOCIOS

Artigo 7º.- Poderán ser integrantes da Asociación tódalas aquelas persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tralo acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reúnan os seguintes requisitos:
a)      Ter interese no desenvolvemento dos fins da Asociación
b)      Formalizar a integración mediante a cobertura do documento de incorporación.
c)      Asinar a correspondente domicialización bancaria ou acordar o pago da cota anual.
Artigo 8º.- Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados:
a)     Fundadores, aquelas persoas que subscribiron a Acta Fundacional.
b)  Numerarios, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional.
c)    Honorarios, aquelas persoas que, a xuízo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asociación.
Artigo 9º.- Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos:
a)      Tomar parte nas Asembleas con voz e voto.
b)      Poder elixir e ser elixidos para cargos directivos.
c)      Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
d)     Disfrutar de tódalas vantaxes e beneficios que a Asociación poda obter.
e)      Ter copia destes Estatutos.
f)       Ser informados sobre a composición da Xunta Directiva.
g)      Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
h)      Facer suxestións aos membros da Xunta Directiva en orde a mellorar o cumprimento dos fins da Asociación.
i)        Que se lle poña de manifesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación tódolos anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10º.- Son obrigas dos asociados e asociadas:
a)      Prestar cantos servizos determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
b)      Desempeñar os cargos para os que foron elixidos.
c)      Asistir ás Asembleas Xerais.
d)     Satisfacer as cotas que se establezan.
e)      Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11º.- Os asociados e asociadas honorarios non intervirán na dirección da Asociación nin nos órganos de representación da mesma, pero están facultados para asistir ás Asembleas Xerais con voz, pero sen voto.
Artigo 12º.- Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida.
Artigo 13º.- A condición de asociado pérdese:
a)      Por vontade propia.
b)      Por falta de pago nas cotas.
c)      Por realización de accións que prexudiquen gravemente aos intereses da Asociación.
Artigo 14º.- A expulsión de asociados e asociadas será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa  resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/unha asociado/a, este/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ó aboamento previo de tódalas cotas que teña pendentes.

 CAPÍTULO III: DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN

XUNTA DIRECTIVA

 Artigo 15º.- A dirección e administración da Asociación serán exercidas polo Presidente, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral.         

Artigo 16º.- O Presidente da Asociación asume a representación legal da mesma e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O Presidente será designado pola Asemblea Xeral entre socios que teñan polo menos un ano de antigüidade e o seu mandato durará 4 anos.
Artigo 17º.- A Xunta Directiva estará formada por un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario, un Tesoureiro e tres vocais, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos un ano na Asociación.
Artigo 18º.- Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuítos, sen prexuízo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta.
Elixiranse pola Asemblea Xeral os cargos e durarán un período de 4 anos, aínda que poden ser obxecto de reelección indefinidamente.
Artigo 19º.- É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades asociativas e levar a xestión administrativa e económica da Asociación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. Así mesmo procederá a convocar e fixa-la data da Asemblea Xeral, fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da Asociación, ditar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral.
Artigo 20º.- A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o Presidente ou o Vicepresidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o Secretario, por esta orde, e, a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña mais idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos asistentes. No caso de empate decidirá o voto do Presidente.O Secretario ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirá ao libro de actas.

DA ASEMBLEA XERAL

Artigo 21º .- A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por tódolos integrantes da mesma. O Presidente e o Secretario da Asemblea serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 22º.- A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos socios. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ó Presidente, autorizado coas firmas dos solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 23º.- A Asemblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente dentro dos tres primeiros meses de cada ano. Tanto a Asemblea ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a  presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da Asociación e no domicilio dos asociados. Na convocatoria han aparecer o lugar, data e hora da xuntanza, así como a orde do día con expresión concreta dos temas a tratar e os anexos que procedan. Tamén ha de sinalarse a hora da segunda convocatoria que terá, como mínimo que separarse media hora da primeira convocatoria.
Artigo 24º.- Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
a)      Aprobar a acta da reunión anterior.
b)      Aprobar o plan de actividades.
c)      Examinar e aprobar a memoria de actividades.
d)     Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
e)      Aprobar os presupostos de ingresos e gastos para cada exercicio.
f)       Exame e aprobación das cotas.
Artigo 25º.- Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
a)       Elixir os integrantes da Xunta Directiva.
b)      Aprobar a federación con outras Asociacións.
c)      Modificar os Estatutos da Asociación.
d)     Acordar a disolución da Asociación.
e)      Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva.
f)       Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
g)      Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.
Artigo 26º.- As asembleas poden tomar acordos sempre que concorran a metade mais un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes.
Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos asistentes ou representados, excepto os relativos os apartados 2 ao 7 do artigo 25, que requirirán maioría de dous terzos.
A continuación levaranse os acordos ao libro de Actas e asignará o/a Presidente, o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría simple.
Artigo 27.- Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recorridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria.

ORGANOS UNIPERSOAIS

Artigo 28º.- O Presidente da Xunta Directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
a)      Presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunha e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
b)      Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
c)      Ordenar os pagamentos acordados validamente.
d)     Representar a Asociación perante calquera organismo público ou privado.
e)      Asinar as actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co Secretario ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate.
O Presidente será asistido nas súas funcións por un Vicepresidente, que, ademais, sustituiralle nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade.
Artigo 29º.- O Secretario recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro rexistro de asociados e terá ó seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle así mesmo notificar as convocatorias e custodia-las actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do Presidente.
Secretario correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ó efecto.
Artigo 30º.-  O Tesoureiro recadará e custodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o Presidente, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en tódalas operacións de orde económico.
O tesoureiro ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.
Artigo 31º.- Os Vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
a)      Realizar programas e propostas na súa área de actuación.
b)      Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.

 CAPÍTULO IV: RÉXIME ECONÓMICO

 Artigo 32º.- A Asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de …………….euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 33º.- A Asociación funcionará en réxime de presuposto anual. O borrador de presuposto será elaborado polo Tesoureiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 34º.- A Asociación manterase dos seguintes recursos:
a)      As cotas periódicas dos/as asociados/as.
b)      As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
c)      As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
d)     Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
e)      Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 35º.- As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e dedicándose a atender as necesidades da Asociación.
Artigo 36º.- Anualmente con referencia ó ultimo día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ó sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 37º.- Anualmente no tempo que establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.
Artigo 38.- Para a disposición de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositados os mesmos, terán recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o Presidente e o Tesoureiro, para a utilización conxunta deles.
Artigo 39º.- Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.

 CAPÍTULO V: DO RGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO

Artigo 40º.- O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamento interno da Asociación estará sometido ó ordenamento xurisdicional civil.

 CAPÍTULO VI: MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN


Artigo 41º.- Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos socios. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para calquera socio/a poida dirixir á Secretaria as propostas e emendas que estime oportunas. Éstas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
Artigo 42.- Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de socios.
Artigo 43º.- A Asociación disolverase polas seguintes causas:
a)      Pola vontade dos asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos/as.
b)      Por outras causas determinadas legalmente.
c)      Por sentencia xudicial.
Artigo 44º.- Acordada a disolución, a Asemblea Xeral extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 45º.- O haber resultante unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na Comunidade Autónoma que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.